ED311F - Premios extraordinarios nas ensinanzas profesionais de música, danza, artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

A presente orde ten por obxecto convocar premios extraordinarios de ensinanzas artísticas
profesionais para o alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os
estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas
e Deseño, no curso 2017/18, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia,

Número e características dos premios.

1. Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 na
modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas
e Deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de
Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

2. A dotación para os premios será de 5.100 euros, con cargo á partida orzamentaria
10.50.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2018, que se distribuirán entre os premiados na
mesma contía, e que non poderá exceder os 850 euros por premio. Estas contías estarán
suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.

3. O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica,
recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado
o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas
que se emitan.

4. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais
poderán concorrer, logo da inscrición, ao correspondente premio nacional.

5. Estes premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais son compatibles
con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de ensinanzas artísticas profesionais.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2017/18, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

1. Poderá optar aos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

Modalidade A: Música.

a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música, no curso 2017/18, en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que o/a alumno/a ingresase en sexto curso, a nota media estará referida unicamente ás materias do dito curso.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá facelo unicamente como candidato ou candidata de xeito individual, realizando a interpretación como solista con acompañamento da agrupación que precise, se é o caso. Ademais, deberá presentar tres copias dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, no cal o/a aspirante interprete tres pezas (obras ou fragmentos da obra) de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música, cunha duración máxima de 15 minutos entre as tres pezas. O/a alumno/a deberá especificar os títulos e autores das pezas que interpreta tanto na solicitude como no soporte, respectando a orde de interpretación. Así mesmo, deberá xuntar un breve curriculum vitae con indicación doutros méritos (anexo II da solicitude).

Modalidade B: Danza.

a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Danza, no curso 2017/18, en centros públicos o privados autorizados das ensinanzas profesionais de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Danza. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que o/a alumno/a ingresase en sexto curso, a nota media estará referida unicamente ás materias do dito curso.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar tres copias dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, no cal o/a aspirante interprete, co acompañamento que precise se é o caso, dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza, cunha duración máxima de 15 minutos entre as dúas obras. O/a alumno/a deberá especificar os títulos e autores das pezas que interpreta tanto na solicitude como no soporte, respectando a orde de interpretación. Así mesmo, deberá xuntar un breve curriculum vitae con indicación doutros méritos (anexo II da solicitude).

Modalidade C: Artes Plásticas e Deseño.

a) Ter finalizado un ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2017/18, en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado. A nota media final obterase da media aritmética das cualificacións dos módulos que teñan expresión numérica, sen que se teñan en conta no dito cálculo as cualificacións de «apto», «exento» ou «validado». No cálculo da nota media non se incluirá a cualificación do proxecto integrado ou proxecto final.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorre, en formato PDF, AVI ou MPEG cun tamaño máximo de 20 MB, e un breve curriculum vitae con indicación doutros méritos (anexo II da solicitude).

2. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

S.X. DE APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546556

Fax: 981546551

Email: sxeefp@edu.xunta.es

https://www.edu.xunta.es

Órgano responsable

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 27 de agosto de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18 (DOG nº 170 do 6 de setembro de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 27 de agosto de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18 (DOG nº 170 do 6 de setembro de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 13 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2017/2018 (DOG nº 186 do 28 de setembro de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 31 de decembro de 2018 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18, convocados pola Orde do 27 de agosto de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 6 de setembro) (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.