ED431F - Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-Proxectos de excelencia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B e C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II e III (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Ler máis Ler menos

Requisitos

As entidades beneficiarias descritas no artigo 2 da convocatoria poderán para cada solicitude presentar como candidatos investigadores que cumpran os seguintes requisitos segundo as liñas de reforzo a que opten:

1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: investigadores con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC rematen o goce desa axuda no ano 2018.

A axuda unicamente estará vixente sempre o cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, non pudendo transferirse a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2013, 2014, 2015 e 2016 que tomaran posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 2 antes da publicación desta convocatoria e que non se lles concedera unha axuda nas convocatorias dos anos 2016 e 2017.

O persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal (ou ben solicitala ao abeiro desta convocatoria), nesta modalidade en anos anteriores ou dos programas de Grupos de referencia competitiva, Grupos con potencial de crecemento ou do ERC.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións. Se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtivese unha axuda de GRC, GPC ou do ERC deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.

En ambas as liñas a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación.

c) Para as solicitudes do SUG, os estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881999541

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

Órgano responsable

SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 23 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 23 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 19 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á Axencia Galega de Innovación da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 19 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á Axencia Galega de Innovación da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 192 do 8 de outubro de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 13 de novembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade de Proxectos de excelencia no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 221 do 20 de novembro de 2018).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 13 de novembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade de proxectos de excelencia no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 14 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade A: grupos de referencia competitiva e á modalidade B: grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.