ED441D - Axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do sistema universitario de galicia, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real Decreto 1000/2012, do 29 d...

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2017/18, do alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE núm. 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.

A quen vai dirixido?

Alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais.

Obrigas das persoas beneficiarias.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

a) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

d) Seguir con aproveitamento os estudos en que estea matriculada e non anular a matrícula.

Ler máis Ler menos

Requisitos

a) Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea ou países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España.

b) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

c) Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE núm. 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá estar matriculado como mínimo de 45 créditos.

d) Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2015/16 ou no 2016/17 e non a ter obtido no curso 2017/18.

e) Ter superado no curso 2016/17 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:

– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.

– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.

f) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18.

g) Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:

– Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.

– Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.

– Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.

– Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.

– Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.

– Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.

– Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.

– Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545431

Fax: 981545422

http://www.edu.xunta.es

Órgano responsable

SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/18, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018)

Ligazón á normativa

Orde do 16 de maio de 2018 pola que se fai pública a resolución de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/18, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo) (DOG nº 102 do 30 de maio de 2018).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.