ED505B - Convocatoria para a participación no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 22/04/2016 - 21/05/2016.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Documentación que se deberá xuntar á solicitude de participación:
    • 1º. Proxecto no cal se concretarán as cuestións para a implantación do proxecto durante o curso 2016/17, así como para a súa continuidade en cursos posteriores.
    • 2º. Meritos docentes da persoa proposta para a coordinación.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546562Fax: 981546550

Versión en formato PDF

Convocar e establecer as bases para a selección de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que se incorporarán no curso 2016/17 ao proxecto experimental Educación dixital (E-DIXGAL).

Beneficiarios:

Cs centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia adscritos á Rede Abalar que impartan no curso 2016/17 ensinanzas de 5º de educación primaria e/ou 1º de ESO.

Requisitos:

1. Para que un centro poida participar neste proceso de selección é necesario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Presentar un proxecto segundo o seguinte guión:
1º. Introdución descritiva do contexto do centro.
2º. Xustificación da solicitude.
3º. Obxectivos.
4º. Experiencia educativa coas TIC no centro.
5º. Modelo organizativo e metodolóxico previsto para o desenvolvemento do proxecto e para garantir a súa continuidade.
6º. Designación da persoa coordinadora do proxecto, preferentemente entre o profesorado definitivo do centro, e asignación de horas dentro do seu horario lectivo e/ou complementario, en número suficiente para as funcións propias, aproveitando as marxes que ofrece a actual configuración do réxime horario do profesorado. Para a realización da proposta debe terse en conta que se valorará a experiencia da persoa proposta no emprego e dinamización das TIC nos ámbitos:
- Participación, coordinación ou docencia en accións formativas.
- Traballo acreditado relacionado coa integración das TIC na educación (boas prácticas educativas, participación en proxectos que integren as TIC nas aulas, emprego de recursos educativos dixitais -contidos dixitais, aulas virtuais, actividades con software educativo, blogs, wikis, ...- nas aulas, participación activa en comunidades educativas na rede, elaboración de materiais dixitais, etc.).
- Experiencia na coordinación de proxectos ou grupos de traballo.
- Participación en proxectos que integren metodoloxías didácticas innovadoras na educación.
- Premios relacionados coa integración das TIC na aula.
- Outra experiencia acreditable que se considere relevante en relación coa integración das TIC nas aulas.
7º. Actividades de formación permanente (proxectos de formación ou innovación, seminarios, grupos de traballo, etc.), e outras relacionadas coas TIC desenvolvidas no centro durante os últimos cinco anos.
8º. Tipo de conexión á rede, indicando a súa velocidade de baixada nominal e real.
9º. Procedemento de avaliación interna do desenvolvemento do proxecto, especificando os indicadores de logro vinculados aos obxectivos propostos.
10º. Calquera información que se considere relevante e que poida ser tida en conta para a selección do centro.
b) Compromiso de utilizar materiais dixitais ofertados como referencia para o desenvolvemento curricular en 5º de educación primaria ou 1º de ESO durante o curso 2016/17.
c) O centro deberá contar cunha conexión de datos cunha velocidade nominal mínima de baixada de 2 Mbps.
2. Os centros que soliciten a participación no 1º curso de educación secundaria obrigatoria e foron seleccionados para participar no proxecto E-DIXGAL en 5º de educación primaria mediante as resolucións do 22 de abril de 2014 (DOG do 30 de abril) ou do 30 de abril de 2015 (DOG do 11 de maio) soamente deben entregar a solicitude de participación e o compromiso de utilización de materiais dixitais do que fala a alínea b) deste punto.
3. A participación neste proxecto pode ser causa de exclusión noutras axudas ou subvencións para o mesmo fin convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
4. Os centros educativos que sexan seleccionados mediante esta resolución deberán asumir, polo menos, os seguintes compromisos:
a) Desenvolver o programa seguindo as pautas establecidas no proxecto presentado, que se incorporará ao proxecto educativo do centro, e impulsar a súa continuidade cando menos durante dous cursos escolares e en función da súa avaliación.
b) O centro, en colaboración coa Administración educativa, realizará unha adecuada divulgación da iniciativa entre toda a comunidade educativa, con especial incidencia no alumnado e nas familias, de xeito que se achegue a información necesaria e se realice a adecuada sensibilización en relación con este programa.
c) O centro realizará un seguimento periódico das actuacións previstas no programa.
d) O profesorado implicado e o equipo directivo, segundo corresponda, deberán participar nas actividades de formación vinculadas ao proxecto que se planifiquen tanto desde o centro como desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
e) O centro garantirá a participación activa da persoa coordinadora do proxecto e dalgún membro do equipo directivo nas reunións de traballo que desde a Administración educativa se establezan.
f) A comunidade educativa terá que participar activamente no deseño, aplicación e avaliación das actuacións previstas no programa.
g) Mantemento do programa durante dous cursos académicos.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participaren no proxecto Educación dixital (E-DIXGAL) durante o curso 2016/17 (DOG nº 76 do 21 de abril de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.