ED522A - Admisión e matrícula na Formación Profesional Básica.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 01/09/2015 - 10/09/2015.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13 horas do día 10 de setembro de 2015.

Versión en formato PDF

  • O alumno ou a alumna que fosen propostos/as para realizar un ciclo de formación profesional básica deberán presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, no prazo que se estableza, na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción, e xuntaráselle a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
    • b) Comunicación de incorporación á formación profesional básica (anexo IV).
    • c) Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
      • Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
      • Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia.
    • O modelo de solicitude axustarase ao establecido no anexo I desta orde. Estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp .
      No caso de remitirse a solicitude por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión sexa anterior á de peche da convocatoria.
      A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta e menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xenero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o que o centro educativo a cotexe.
      A persoa interesada terá dereito a que o centro lle expida copia ou xustificante, con data e selo, acreditativa da presentación da solicitude.
    • No caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, de xeito que nun centro se impartan os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
    • A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
    • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou as informacións que preve esta norma, excepto que xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, en ausencia desta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546566Fax: 981546542

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto regular o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional básica, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas.
Procedemento de admisión.
1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
a) Alumnado que cursase 2º de ESO.
b) Alumnado que cursase 3º de ESO.
c) Alumnado que cursase 4º de ESO.
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.
2. A admisión do alumnado corresponde:
a) Nos centros públicos, ao director ou á directora. Ademais, o consello escolar, de existir este órgano colexiado, debe emitir informe, consonte o disposto nos artigos 132.n) e 127.e) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
b) Nos centros privados con ensinanzas concertadas, a admisión do alumnado correspóndelle a quen exerza a súa titularidade, e o consello escolar deberá garantir o cumprimento das normas xerais de admisión, consonte o disposto no artigo 57.c) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Con este fin, o referido consello escolar asesorará a quen exerza a titularidade do centro, que será responsable do cumprimento das citadas normas.
3. Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo nas datas que se establezan.
Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados a correspondente reclamación, no prazo que se estableza.
Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no caso dos centros públicos ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.
4. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitiranlle á correspondente xefatura territorial, a seguinte documentación:
a) Listaxe do alumnado admitido en cada ciclo formativo.
b) Número de postos escolares non cubertos, detallados por ciclo formativo.
c) Listaxe do alumnado non admitido no centro, xunto coa documentación presentada, de ser o caso.
5. A xefatura territorial correspondente remitirá esta documentación á comisión de escolarización a que se fai referencia no artigo 15 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
6. A comisión de escolarización, á vista da documentación recibida, tendo en conta os postos escolares non cubertos noutros ciclos, procederá a asignarlle praza ao alumnado que fose proposto para a oferta obrigatoria e que non fose admitido no primeiro ciclo solicitado. Para tal fin, a comisión de escolarización terá en conta a prioridade establecida polo alumnado na súa solicitude. A inspección educativa informará a este alumnado para tal efecto.
7. A comisión de escolarización comunicará á xefatura territorial o resultado desta asignación de prazas e, pola súa vez, a persoa titular da xefatura territorial remitirá a proposta de adxudicación subsidiaria de postos escolares aos centros en que, segundo o resultado deste proceso, se vaia producir a escolarización da alumna ou do alumno.
Matrícula.
1. A matrícula realizarase para cada un dos cursos en que se organicen as ensinanzas que conforman o ciclo formativo, que dará dereito a dúas convocatorias anuais.
2. Os traslados de matrícula na formación profesional básica rexeranse polo capítulo V da Orde do 12 de xullo de 2011.

Beneficiarios:

Centros docentes públicos e privados do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional básica.

Requisitos:

Segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 107/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas (DOG nº 137 do 22 de xullo de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.