Autorización para a pesca de lamprea nas pesqueiras do río Ulla.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 15/12/2015 - 02/01/2016.

Quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio administrativo: Positivo

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou o modelo de solicitude que figura no anexo II desta orde.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Xunto coa solicitude (Anexo II) presentarase a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI ou NIE cando non se autorice expresamente na solicitude a consulta dos datos de identidade a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • b) Os titulares que presentan a solicitude por primeira vez, documento que acredite a titularidade das pesqueiras.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805097 / 986805469Fax: 986805436

O obxecto desta norma é a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromizon marinus) nas augas do río Ulla durante o ano 2016.

Período e horario hábil.

1. O período hábil de pesca será:
a) Nas pesqueiras de Areas (Herbón), do día 4 de xaneiro ao 26 de marzo.
b) No tramo comprendido desde a pesqueira das Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón) ambas incluídas, do 1 de febreiro ao 23 de abril.
c) No tramo comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, lugar das Pesqueiras (Reis) todas incluídas, do 8 de febreiro ata o 7 de maio.

O mesmo día que remate o período autorizado retiraranse as artes de pesca.

2. As redes só poderán estar colocadas desde as 20.00 horas ata as 8.00 horas.

Prohíbese a realización dos labores de pesca (deberán levantarse as redes das pesqueiras) desde as 8.00 horas dos sábados ata as 20.00 dos luns.

Beneficiarios:

As pesqueiras tradicionais situadas no río Ulla, detalladas no anexo I desta orde.

Requisitos:

1. A pesca da lamprea só se poderá practicar nas pesqueiras autorizadas e coas limitacións que a seguir se indican:
a) Nas pesqueiras de Areas e das Vellas deberán deixar libre a canle central do río e non poderán traballar na denominada «vea».
b) Deberán empregarse redes que non causen dano a outras especies piscícolas.
c) Serán devoltos ás augas ou entregados aos axentes que o soliciten todos aqueles exemplares piscícolas que non sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.
d) En todo momento deberán colaborar co persoal do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, seguindo as súas instrucións.

2. Estas limitacións obrigan todas as persoas autorizadas, sexan ou non titulares das pesqueiras.

Permisos.

Toda persoa que traballe nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licenza de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberá levar consigo xunto co DNI/NIE durante a práctica desta actividade.

Xunto cos permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e estar sempre á disposición do persoal do Servizo de Conservación da Natureza. Unha vez rematada a temporada, deberá ser entregado no prazo de 15 días. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar a permisos da próxima temporada.

No caso de que traballe a pesqueira unha persoa distinta do seu titular, para a obtención dos citados permisos deberá acreditar no Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra que está autorizado polo titular.

AUTONÓMICA

Orde do 2 de decembro de 2015 pola que se regula a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Ulla e se fixa o período e as condicións para presentar as solicitudes para o ano 2016 (DOG nº 237 do 14 de decembro de 2015).


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.