ED702B - Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Cumprimentación previa

Cumprimentación previa para entrega no rexistro presencial: entre para cubrir os datos dun formulario que poderá cumprimentar e enviar de forma electrónica. Ao finalizar este proceso obterá a documentación que, posteriormente, deberá entregar, presencialmente, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia. Lembre que a data de presentación que terá en conta a Administración será a do selo de entrada no rexistro presencial.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 25/05/2016 - 23/06/2016.

30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • As solicitudes de avaliación, de conformidade co disposto no artigo 9 da citada Orde do 17 de setembro de 2009, formalizarase no modelo de instancia (anexo I) que se deberá cubrir e validar dixitalmente a traves da aplicación informática da ACSUG, á cal se poderá acceder a traves da páxina web www.acsug.es. Deberase indicar para cal ou cales das figuras contractuais se solicita a avaliación. No caso de que se solicite máis dunha figura, farase na mesma instancia.
  • Unha vez cuberta e validada a solicitude na aplicación da ACSUG, e realizado o pagamento da taxa correspondente, poderase presentar destes dous xeitos:
    • a) Por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      En caso de dúbida, dificultades tecnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao telefono de información 012.
    • b) A traves de calquera dos rexistros relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha vez impresa e debidamente asinada.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Con independencia da opción elixida para a presentación da solicitude, será imprescindible, para a súa admisión a trámite, a achega da seguinte documentación:
    • Unha copia do documento acreditativo da personalidade do solicitante (DNI ou equivalente) ou, de ser o caso, a autorización á ACSUG para consultar os seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).
    • Unha copia do xustificante do título de doutor ou, de ser o caso, a autorización á ACSUG para consultar os seus datos ao Ministerio de Educación, de conformidade co artigo 6.2.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
    • O xustificante do pagamento das taxas que correspondan, en función do número de figuras solicitadas.
  • A documentación a que se fai referencia no parágrafo anterior poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A ACSUG poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    Esta documentación complementaria tamen se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • O curriculum vitae formalizarase no formato dixital dispoñible na aplicación informática a que se poderá acceder a traves da páxina web www.acsug.es. Só se valorarán os meritos que aparezan no curriculum vitae cubertos deste xeito. No caso de que un merito sexa susceptible de ser incluído en distintas epígrafes do curriculo, o interesado elixirá o lugar onde desexa que aquel sexa valorado.
  • A documentación xustificativa dos meritos curriculares alegados deberase presentar en soporte dixital (DVD, CD-ROM, pendrive), a traves de calquera dos rexistros relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A orde de presentación deberá coincidir coas epígrafes do curriculum vitae. Achegarase unha copia desta documentación dixital, con independencia do número de figuras contractuais para as cales se solicite a avaliación.
    No caso de que se opte pola presentación da solicitude a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, ao presentar a xustificación dos meritos curriculares, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente (se dispón del) e o número ou código único de rexistro da solicitude electrónica.
  • Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos meritos curriculares. As correspondentes avaliacións faranse con base nos xustificantes dos meritos que achegasen os interesados ata ese momento, sen prexuízo do cal a ACSUG poderalle requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas.
  • Coa excepción dos documentos indicados na base quinta, non se admitirá ningún documento xustificativo en formato papel, sen prexuízo do cal a ACSUG poderalle solicitar ao interesado, durante a tramitación do procedemento, os orixinais ou copias compulsadas da documentación achegada.
    Tendo en conta que o solicitante asina unha declaración de veracidade dos datos que fai constar na instancia e no curriculum vitae, así como de toda a documentación xustificativa que xunta á solicitude, os interesados asumirán as responsabilidades que poidan derivar das inexactitudes que consten nestes documentos.
  • Os solicitantes deberán xustificar do xeito máis adecuado e completo posible a rea-lización dos meritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, os meritos que se relacionan a continuación soamente serán tidos en conta cando se xustifiquen do xeito que expresamente se indica:
    - A docencia universitaria regrada xustificarase cun certificado da autoridade academica competente emitido pola universidade en que se prestase aquela, no cal deberá constar as materias e o número de horas ou creditos impartidos.
    - O expediente academico xustificarase a traves dun certificado expedido pola autoridade competente, na cal figurará a nota media calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de creditos e o sistema de cualificación nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
    - Os cursos e másters recibidos xustificaranse co correspondente certificado en que conste o número de horas destes.
    - As bolsas e as axudas acreditaranse a traves da credencial emitida polo organismo pagador destas.
    - Os proxectos e contratos de investigación competitivos e non competitivos xustificaranse coa documentación na cal conste a súa concesión por parte do organismo pagador, as características, o posto ocupado como membro do proxecto e o seu carácter internacional, nacional, autonómico, interuniversitario ou interdepartamental.
    - A actividade profesional desenvolvida xustificarase prioritariamente coa presentación da copia dos correspondentes contratos de traballo e o certificado de vida laboral da Seguridade Social.
    - Para acreditar libros, artigos e demais publicacións será suficiente con entregar unha copia escaneada da primeira e última folla, índice e folla onde figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.
    - No caso de publicacións telemáticas, se son de acceso libre, sinalarase o modo de acceso. En caso contrario, xuntarase o arquivo da publicación no cal figure o ISBN, ISSN, depósito legal, etc.
    - No caso de traballos aceptados e pendentes de publicación, xustificaranse coa aceptación da editorial ou organismo responsable da publicación.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702Santiago de Compostela
Teléfono: 981534173Fax: 981534174

Versión en formato PDF

Apróbase a convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación para poderen ser contratados como persoal docente e investigador por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor, de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e que debe emitir a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Beneficiarios:

Todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe da ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, axudante doutor e de universidade privada.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 25 de abril de 2016 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes (DOG nº 97 do 24 de maio de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se regula a avaliación e o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia previos á contratación de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor de universidade privada e profesor colaborador (DOG nº 189 do 25 de setembro de 2009).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.