ED701A - Avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de excelencia curricular docente e investigadora.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

A quen vai dirixido?

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario acreditar antes do remate do prazo establecido para a presentación das solicitudes:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.

O persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atope en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da devandita avaliación, iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Ter polo menos un ano de servizo na súa praza, cumprido a 31 de decembro de 2017.

3. Ter recoñecidos dous quinquenios de docencia pola universidade, con efectos do 31 de decembro de 2017.

4. Ter recoñecido un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNAAI), con efectos do 31 de decembro de 2017.

5. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Órgano responsable

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 7 de maio de 2019 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria do 2018 (DOG nº 95 do 21 de maio de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.